DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 2025 Páx. 64847

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

ORDE do 15 de decembro de 2025 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de setembro de 2010, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O cesamento de Gonzalo Trenor López como vogal representante da Comunidade Autónoma de Galicia no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2025

Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar