Antecedentes:
Primeiro. Mediante un escrito do 12 de setembro de 2025, Ramón Rodríguez Muñiz (***5983**) e María Victoria García Figueiras (***4317**) solicitaron a autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa da batea M.P.R. III.
Segundo. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación.
Terceiro. O informe da Subdirección Xeral de Acuicultura sobre a tramitación do expediente é favorable.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG número 41, do 1 de marzo).
Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartamento ou pactos de mellora.
Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Giovana Rodríguez García (***1353**), da concesión administrativa da seguinte batea:
Nome: M.P.R. III.
Situación:
Cuadrícula número: 19.
Polígono: B.
Distrito: Portonovo (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título administrativo habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 31.7.1980.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actuais titulares: Ramón Rodríguez Muñiz (***5983**) e María Victoria García Figueiras (***4317**).
Nova titular: Giovana Rodríguez García (***1353**).
A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE número 167, do 14 de xullo).
Vigo, 20 de novembro de 2025
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo
