Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio cítase a persoa titular do predio relacionado no anexo para ser notificada por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma, da constitución, por parte da empresa beneficiaria, dos depósitos de pagamento do prezo xusto acordado mediante a Resolución do Xurado de Expropiación de Galicia e os xuros de demora, relativos ás afectacións derivadas da construción da instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA CAS806 no treito entre os apoios núm. D156-14 e D156-16, situada no concello de Toén.
A persoa titular ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Na comparecencia terán que presentar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que a acredite como titular do predio afectado e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lle ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Ourense, 3 de decembro de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2024/24-3.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Regulamentación LMTA CAS806 no treito entre os apoios núm. D156-14 e D156-16.
Concello: Toén.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Data do depósito |
|
1 |
Queimadas |
32082A093003460000LB |
Mari Cruz |
28 de novembro de 2025 |
