O 23 de outubro de 2025, a persoa encargada do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia de Lugo emprazou, para o trámite de audiencia, as persoas interesadas no procedemento de inscrición LU-PR212A-2025/00486.
Este emprazamento non puido ser notificado persoalmente aos interesados. Polo tanto, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, polo que se efectúa esta notificación mediante a publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado, así como no Diario Oficial de Galicia.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede do Departamento Territorial de Lugo, na rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido este prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer. De non cumprir co emprazamento, consideraranse desistidas da súa solicitude, polo que se ditará a resolución que corresponda.
Lugo, 28 de novembro de 2025
Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Núm. expediente |
DNI/NIE |
Acto notificado |
|
LU-PR212A-2025/00486 |
34354029X Z0105671Z |
Emprazamento para o trámite de audiencia |
