De conformidade co previsto no artigo 42.4, letras a) e b), da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, publícase o extracto da Resolución do 3 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se denega a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción e se arquiva o expediente instruído do parque eólico Faro, sito no concello do Vicedo (Lugo) e promovido por Nieblagen, S.L. (expediente LU-11/130-EOL).
Primeiro. Contido da resolución e condicións que a acompañan:
A dita resolución dispón o seguinte:
1. Denegar a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para o parque eólico Faro, sito no concello do Vicedo (Lugo) e promovido por Nieblagen, S.L. tras a declaración de impacto ambiental desfavorable formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 29.6.2023.
2. Arquivar o expediente do parque eólico Faro (expediente LU-11/130-EOL).
3. Cancelar as garantías depositadas o 25.8.2011, por importe de 60.000 € e número de rexistro 1161/2011, e o 26.2.2020, por importe de 60.000 € e número de rexistro 163/20, para garantir o cumprimento das obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de distribución do parque eólico Faro.
Segundo. Principais motivos e consideracións en que se basea a resolución:
1. Mediante a Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG núm. 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico Faro, cunha potencia de 3 MW.
2. O 2.6.2011, o promotor solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a inclusión no réxime especial, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a inscrición no rexistro de produtores de enerxía eléctrica para o parque eólico Faro.
3. O 25.8.2011, Nieblagen, S.L. depositou unha garantía económica por importe de 60.000 € e número de rexistro 1161/2011, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de distribución do parque eólico.
4. O 18.10.2013, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental do proxecto e pola Resolución do 17 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, autorizáronse as instalacións.
5. O 26.2.2020, Nieblagen, S.L. completou o aval requirido para a tramitación da solicitude de acceso á rede cun novo depósito por importe de 60.000 € e número de rexistro 163/20.
6. O 15.12.2021, o promotor presentou solicitude de modificación substancial do proxecto, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, para a substitución do modelo de aeroxerador e o seu desprazamento, coa conseguinte modificación do camiño de acceso.
7. Os días 2.5.2022 e 18.5.2022, o promotor achegou documentación complementaria. Posteriormente, en resposta a diversos requirimentos da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, o 12.8.2022, o 26.8.2022, o 9.9.2022, o 13.10.2022 e o 25.10.2022, o promotor achegou a emenda da documentación presentada e, finalmente, o 27.10.2022, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais comunicoulle o promotor a admisión a trámite da modificación substancial do parque.
8. O 28.11.2022, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe establecido no artigo 33.7 da Lei 8/2009, concluíndo que a posición do aeroxerador cumpre a distancia mínima de 500 metros ás delimitacións de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable delimitado.
9. O 13.1.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais remitiulle a documentación do expediente á Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Industria e Innovación, de acordo co establecido no artigo 33.9 da Lei 8/2009.
10. Polo Acordo do 17 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, sometéronse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e o estudo de impacto ambiental do proxecto de execución da modificación substancial do parque eólico Faro (DOG núm. 49, do 10 de marzo).
11. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, a xefatura territorial solicitou informe as seguintes administracións públicas afectadas e persoas interesadas: Adega, Aesa, Augas de Galicia, Axencia Turismo de Galicia, Concello do Vicedo, Deputación Provincial de Lugo, Dirección Xeral de de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Defensa do Monte, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Dirección Xeral de Saúde Publica, Federación Ecoloxista Galega, Instituto de Estudos do Territorio, Orange, Servicio Galego de Historia Natural, Sociedade Galega Ornitoloxía, Telefónica e Vodafone.
12. O 29.6.2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade formulou unha declaración de impacto ambiental desfavorable relativa á modificación substancial do parque Faro.
13. O 18.11.2025 notificóuselle ao promotor a proposta de resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático pola que se denega a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción e se arquiva o expediente instruído do parque eólico Faro, situado no concello do Vicedo (Lugo) e promovido por Nieblagen, S.L. (expediente LU-11/130-EOL).
14. O 1.12.2025, Nieblagen, S.L. achegou, dentro do trámite de audiencia aberto, un escrito de alegacións en que basicamente solicita a declaración de nulidade de pleno dereito do procedemento e a retroacción das actuacións.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2025
Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
