DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 2025 Páx. 64941

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 3 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, polo que se notifica o emprazamento para o trámite de audiencia do proxecto de decreto polo que se aproba o Catálogo de bens de valor cultural no litoral de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se indican no anexo deste anuncio o emprazamento para o trámite de audiencia do proxecto de decreto polo que se aproba o Catálogo de bens de valor cultural no litoral de Galicia, por descoñecer o titular da referencia catastral afectada, por ignorar o lugar de notificación, ou logo de intentar a notificación sen que esta se puidese efectuar.

As persoas interesadas que figuran no anexo deberán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, sita no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, logo de cita no teléfono 881 95 86 56 ou no enderezo electrónico dxercc.medioambiente@xunta.gal, onde terán á súa disposición o contido íntegro da notificación. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A persoa interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contado a partir dodía seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar as alegacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2025

Paula Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático

ANEXO

Relación de persoas interesadas con enderezo ignorado, ou sen notificación practicada:

Nome e apelidos

Hdros. de Josefa Barreiro García

María Dolores Ínsua Pernas

Hdros. de Manuel Ínsua Pernas

Hdros. de Josefa García Eiras

Relación de persoas interesadas descoñecidas:

Ref. catastral

Titular

15059A01100168

En investigación