DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 2025 Páx. 64934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 27 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2024/00216 e catro máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas identificadas no anexo a resolución ditada no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

A resolución foi ditada pola persoa titular do Departamento Territorial, cuxo texto íntegro, así como o seu expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial de Lugo, na rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A resolución mencionada non pon fin á vía administrativa, polo que pode ser impugnada en alzada, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, a resolución devirá firme.

Lugo, 27 de novembro de 2025

Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIE

Acto notificado

LU-2024/00216

X9976630N

76568446C

Resolución de arquivamento da solicitude

LU-2024/00278

33815365Y

X3320015B

Resolución de arquivamento da solicitude

LU-2025/00012

53517640K

76942639A

Resolución de arquivamento da solicitude

LU-2025/00046

33535646J

33438607B

Resolución de arquivamento da solicitude

LU-2025/00052

53976155P

34303543D

Resolución de arquivamento da solicitude