DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 2025 Páx. 64933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 27 de novembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se lle notifica á persoa solicitante do dereito á asistencia xurídica gratuíta a resolución acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2025/4964-2 e un máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 27 de novembro de 2025

Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/pasaporte

Resolución

PR204A2025/4964-2

33759828Z

Desestimatoria

PR204A2025/5237-2

33759828Z

Desestimatoria