Pola Resolución do 30 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, outorgáronse a autorización de desmantelamento das instalacións actuais do parque eólico Novo, a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Novo (repotenciación), sito nos concellos de Valdoviño, Narón e San Sadurniño (A Coruña) e promovido por Naturgy Renovables, S.L.U. (expediente IN408A/2020/054). Esta resolución publicouse no DOG núm. 176, do 12.9.2024.
A declaración de utilidade pública, segundo o previsto no artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupar os bens ou adquirir os dereitos afectados e a súa urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
En virtude do anterior, de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, as persoas afectadas coas cales non se alcanzou acordo, incluídas na relación de bens e dereitos afectados deducida da publicada mediante a Resolución do 30 de agosto de 2024, deberán comparecer nos seguintes lugares e datas:
– Días 13, 18 e 19 de febreiro de 2026, na Casa do Concello de Valdoviño.
– Día 16 de febreiro de 2026, na Casa do Concello de Narón.
– Día 20 de febreiro de 2026, na Casa do Concello de San Sadurniño.
Esta relación permanecerá exposta, para os efectos oportunos, no taboleiro de anuncios dos concellos de Narón, Valdoviño e San Sadurniño, así como na páxina web oficial desta consellería.
https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/outros-anuncios
Ás persoas afectadas tamén se lles remitirá unha citación individual, en que se indicarán expresamente o día e a hora asignados para o levantamento de actas previas á ocupación. Así mesmo, o calendario de actuacións permanecerá exposto no taboleiro de anuncios dos concellos de Narón, Valdoviño e San Sadurniño. Todas as persoas interesadas, así como as que teñan calquera tipo de dereito ou interese sobre os bens, deberán comparecer persoalmente ou ser representadas por unha persoa debidamente autorizada, achegando os documentos que acrediten a súa titularidade, e poderán asistir acompañadas dos seus peritos e dun notario por conta propia.
Así mesmo, advírtese a todas as persoas interesadas que poderán formular alegacións ante a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático ata o momento do levantamento de actas previas, para os únicos efectos de emendar posibles erros que se padecesen ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación, segundo establece o artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2025
Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
