O premio Puro Cora creouse co obxectivo de estimular as iniciativas individuais que, en calquera das súas facetas, contribuísen a ennobrecer o papel dos medios de comunicación, tanto a nivel nacional como internacional, e con anterioridade a esta convocatoria.
O resultado do premio farase público o día 3 de febreiro de 2026, en Lugo, e está dotado con 10.000 euros.
Correspondencia a El Progreso de Lugo, S.L., rúa Ribadeo, núm. 5, 27002 Lugo.
Lugo, 17 de decembro de 2025
Blanca García Montenegro
Presidenta de El Progreso de Lugo, S.L.
