DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 2025 Páx. 64983

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO da convocatoria e das bases específicas dos procesos selectivos para o ingreso como persoal funcionario de carreira en prazas incluídas na oferta de emprego público do ano 2023.

No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo núm. 262, do 14 de novembro, e BOP núm. 267, do 20 de novembro de 2025, publícanse as convocatorias e bases específicas que regulan os procesos selectivos para o ingreso nas prazas de persoal funcionario de carreira na Deputación Provincial de Lugo, incluídas na oferta de emprego público do ano 2023 que a seguir se sinalan:

– Catro prazas de porteiro/a (tres da cota xeral e unha da cota de reserva a persoas con discapacidade), pertencentes á escala da Administración xeral, subescala subalterno, agrupacións profesionais, mediante o sistema de concurso-oposición, acceso libre.

– Cinco prazas de auxiliar, pertencentes á escala da Administración xeral, subescala auxiliar, grupo C-subgrupo C2, mediante o sistema de oposición, acceso libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de edictos desta entidade e na páxina web da deputación provincial.

Lugo, 24 de novembro de 2025

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 25.6.2025)
Pablo Rivera Capón
Deputado provincial de Lugo