DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 2025 Páx. 65000

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 12 de decembro de 2025 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza a formación en empresa establecida para as ensinanzas incluídas no sistema educativo de formación profesional, convocadas pola Orde do 6 de agosto de 2025.

Mediante a Orde do 6 de agosto de 2025 (DOG do 18 de agosto) regúlase o procedemento para a concesión das axudas económicas para o alumnado que realiza a formación en empresa establecida para as ensinanzas incluídas no sistema educativo de formación profesional durante o ano 2025.

O artigo 12 establece que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional publicará o anuncio da exposición das listaxes definitivas das persoas beneficiarias, coa indicación da contía que lle corresponde a cada alumno/a, no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a exposición das listaxes definitivas das persoas beneficiarias das axudas concedidas e nas contías que se indican, correspondentes ao ano 2025 (primeiro prazo), nos centros educativos colaboradores na xestión desta convocatoria de axudas e na Base de datos nacional de subvencións prevista no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024; DOG núm. 114, do 13 de xuño)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional