DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 2025 Páx. 65271

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2025 pola que se acorda e se lle dá publicidade á oferta de emprego público correspondente ao ano 2025.

A Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A. é unha sociedade mercantil pública autonómica do artigo 102 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. O artigo 2 da Lei 1/2025, do 14 de marzo, de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, encoméndalle a prestación do servizo público de comunicación audiovisual da Comunidade Autónoma de Galicia, que o propio artigo cualifica como un servizo esencial de interese económico xeral.

O artigo 12 da Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, establece que a oferta de emprego público se adaptará aos límites e aos restantes requisitos que se establezan na normativa básica estatal e require da autorización do Consello da Xunta de Galicia, logo da proposta da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal e do informe favorable da Dirección Xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico.

Así mesmo, conforme o disposto no artigo 110, letra e), da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a competencia para aprobar a oferta de emprego público da CSAG correspóndelle ao órgano competente conforme os estatutos da propia corporación.

Na súa virtude, tras a negociación dos criterios xerais desta oferta de emprego público coa representación legal do persoal da CSAG, logo do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de decembro de 2025, ditado ao abeiro do disposto no artigo 12.cinco da Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, no exercicio das atribucións conferidas polo artigo 38 da Lei 1/2025, do 14 de marzo, de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar e publicar a oferta de emprego público correspondente a distintas categorías de persoal laboral da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, S.A. para o ano 2025.

Segundo. Determinar e cuantificar esta oferta segundo figura no anexo I, onde se establecen as prazas con asignación orzamentaria por categoría derivadas da taxa de reposición de efectivos e as prazas que se destinan á quenda de promoción interna do persoal laboral fixo, que serán obxecto dunha convocatoria separada.

Terceiro. Publicar as convocatorias das prazas ofertadas dentro dos prazos fixados pola normativa básica.

Cuarto. Considerar como criterios xerais polos que se regularán os procesos selectivos que se executen para o cumprimento desta oferta os derivados da aplicación, por un lado, da normativa básica contida na disposición adicional primeria do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público; na disposición adicional segunda da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na que con tal carácter se dite e lles sexa aplicable ás sociedades mercantís públicas. Por outro lado, cómpre ter en conta tamén como criterio de regulación o disposto no artigo 46 da Lei 1/2025, do 14 de marzo, de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, e os recollidos no convenio colectivo da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e a súa sociedade (DOG núm. 167, do 2 de setembro). Así mesmo, incluirase a posibilidade de incorporar os criterios que establezca a nova normativa que se dite e sexa aplicable ata a data de publicación das bases da convocatoria.

Quinto. Esta resolución é susceptible de impugnación ante os xulgados e tribunais da orde xurisdicional que resulte competente.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2025

María Concepción Pombo Romero
Directora xeral da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia

ANEXO I

Prazas da oferta de emprego da CSAG correspondentes ao exercicio 2025

Nivel

Categoría

Quenda libre

Promoción interna

1

Produtor/a

1

2

1

Realizador/a

2

1

Redactor/a

2

1

Locutor/a presentador/a

3

2

Titulado/a medio/a

1

2

Documentalista

1

2

Locutor/a de radio

1

3

Técnico/a de administración

1

4

Reporteiro/a gráfico/a

1

1

4

Deseñador/a gráfico/a

1

4

Cámara de primeira

3

4

Promotor/a

1

4

Técnico/a electrónico

1

5

Axudante de realización

1

5

Técnico/a de son

3

5

Técnico/a de iluminación

1

5

Operador/a posprodución

1

6

Auxiliar de programas

2

6

Oficial/a administrativo/a

2

1

6

Operador/a de cámara

2

7

Auxiliar administrativo/a

1

7

Axudante de produción

1

1

7

Control de cámara

1

Total

26

13