DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 2025 Páx. 65269

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontedeume

ANUNCIO da convocatoria para a cobertura en propiedade dunha praza de técnico/a de xestión adscrita á área de Administración Xeral e Réxime Interno, funcionario/a de carreira da escala da Administración xeral, subescala de xestión, grupo A2, nivel 24, polo sistema de oposición.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 211, do 4 de novembro de 2025, publicáronse integramente as bases reguladoras para a cobertura en propiedade dunha praza de técnico/a de xestión do Concello de Pontedeume adscrita á área de Administración Xeral e Réxime Interno. Funcionario/a de carreira da escala da Administración xeral, subescala de xestión, grupo A2, nivel 24, polo sistema de oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria, cando procedan, publicaranse de acordo co previsto nas súas bases reguladoras.

Pontedeume, 18 de novembro de 2025

José Simoes Couceiro
Alcalde en funcións