DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 2025 Páx. 65268

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Illa de Arousa

ANUNCIO de exposición pública aprobación inicial de Plan especial de reforma interior da área de repartición número 35 do Plan xeral de ordenación municipal.

Por acordo da Xunta de Goberno Local do 20 de febreiro de 2025 aprobouse inicialmente o Plan especial de reforma interior da área de repartición, nº 35 do Plan xeral de ordenación municipal, promovido por instancia de Manuel Barbeito Hernández, en representación da citada área e redactado polo arquitecto Antonio Hernández Crespo.

Por acordo da Xunta de Goberno Local do 25 de novembro de 2025 aprobouse a apertura de novo prazo de exposición pública.

En cumprimento do disposto no artigo 75 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública por prazo de dous meses mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no periódico Faro de Vigo, no taboleiro edictal do Concello, así como no taboleiro de anuncios da sede electrónica. Durante ese prazo, que se computará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, poderán presentarse alegacións, suxestións ou documentos que se consideren oportunos en relación co instrumento ou o expediente sometido a información pública.

O expediente completo estará ao dispor das persoas interesadas no Departamento de Urbanismo do Concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

A Illa de Arousa, 27 de novembro de 2025

Luis Arosa García
Alcalde presidente