DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 2025 Páx. 65255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de decembro de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se somete a información pública o expediente de extinción por caducidade de concesión de augas (expediente E-2123-C e sete máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar o expediente de extinción por caducidade da concesión indicada no anexo, correspondente ao expediente E-2123-C e sete máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titulares

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

E-2123-C

Eugenio Rivas Ares e Eugenio Rivas Vázquez

4 l/s

Río

Rega

L: Fornelos
P: Dormeá (San Cristovo)
C: Boimorto

E-76-1197-P

Ignacio López Orza

0,34 l/s

Río

Rega

P: Sabrexo (Santa María)
C: Vila de Cruces

E-78-130-P

José Sánchez Iglesias e outros

0,86 l/s

Río

Rega

L: Prados da Zanqueira
P: Veiga (San Ramón)
C: Lalín

E-78-128-P

Casiano Otero Proján e outros

0,53 l/s

Río

Rega

L: Veiga
P: Goiás (San Miguel)
C: Lalín

E-65-6241-P

Manuel Abeledo Vilariño e Fernando Vilariño Vilariño

56 l/s

Río

Forza motriz

P: Moimenta (San Lourenzo)
C: Lalín

E-63-822A-C

Juan Rosende Nogueira

1.050 l/s

Río

Forza motriz

C: Neda

E-78-812-C

Claudio Fidalgo Cambón e outros

0,41 l/s

Río

Rega

P: Lendo (San Xián)
C: A Laracha

E-53-670-C

Ramón Pérez Reyes

205,50 l/s

Río

Forza motriz e rega

C: Coristanco