DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 2025 Páx. 65253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 21 de novembro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Silleda, que supón a extinción da concesión de augas coa clave DH.A36.15013, no concello de Silleda (expediente DH.A36.106883).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Expediente: DH.A36.106883.

Presblán, S.L. solicita de Augas de Galicia a concesión dun aproveitamento de augas públicas coas seguintes características:

Solicitante: Presblán, S.L.

Volume total anual: 2.000 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,66 l/s.

Destino: uso gandeiro.

Orixe: pozo de barrena.

Lugar: Barro-Parada.

Parroquia: Parada (San Tomé).

Concello: Silleda.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de auga dun pozo de barrena de 30 m de profundidade e 110 mm de diámetro, situado na parcela 36052S509012830000KS, mediante unha bomba somerxible de 1 CV, e a súa condución mediante unha tubaxe de 32 mm de diámetro ata os depósitos situados no mesmo predio, para uso gandeiro.

Expediente DH.A36.15013.

Características do dereito inscrito: concesión dun caudal de augas de 0,06 l/s procedente dun pozo de barrena, no lugar de Parada, parroquia de Laro (San Salvador), concello de Silleda (Pontevedra), con destino a abastecemento de explotación avícola (30.000 polos de engorda) outorgada a Plesblán, S.L. na Resolución da Presidencia de Augas de Galicia do 8 de marzo de 2010.

Causa de extinción: transcurso do prazo outorgado.

Servidumes: non se coñecen.

Iniciación: de oficio.

Identificación do aproveitamento: coordinación UTM da captación X= 563.930 Y= 4.719.192 (fuso 29 ETRS89).

Este anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescriben os artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días naturais a partir do día seguinte á data de publicación a partir do seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado polas vías establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo das administracións públicas.

O proxecto obxecto deste expediente estará dispoñible para a súa consulta nas oficinas deste servizo situadas na rúa Tomiño, número 16, baixo, en Santiago de Compostela (A Coruña), onde pode ser examinado por quen o desexe no devandito prazo, logo de cita no teléfono 881 99 90 97 e na páxina web deste organismo de conca https://augasdegalicia.xunta.gal, na sección denominada participación pública.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2025

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro