DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 2025 Páx. 65251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 11 de novembro de 2025, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Arteixo (expediente DH.V15.112364).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Red Eléctrica de España, S.A.

NIF: A85309219.

Expediente: DH.V15.112364.

Lugar: Sabón.

Parroquia: Oseiro.

Concello: Arteixo.

Tipo de vertedura: augas residuais pluviais depuradas.

Caudal máximo anual: 100,8 m³/ano.

Punto de vertedura: x=540.483; y=4.797.759.

Medio receptor: río de Seixedo (bacía da costa da Coruña, entre A Coruña e Camariñas).

Tratamento/evacuación:

As augas residuais pluviais procedentes da bancada de recollida de aceites da nova reactancia da subestación eléctrica de Sabón son tratadas nun separador de hidrocarburos de clase I, de 6 L/s de capacidade nominal, antes da súa vertedura ao río de Seixedo, na desembocadura do encoro de Rosadoiro.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2025

Matilde Alonso Acosta
Xefa da Área de Verteduras