En sesión que tivo lugar o 14 de maio de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 22 de abril de 2025 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1), escala superior de finanzas (DOG núm. 80, do 28 de abril) convocado por Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro) acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición, tería lugar o día 2 de xuño de 2025, exercicio que constaba de dúas probas segundo se describe na base II.1.1.1 da convocatoria.
En sesión celebrada o 9 de setembro de 2025 o devandito tribunal acorda considerar retirado do proceso selectivo ao único aspirante que se presentou ao primeiro exercicio, dado que non realizou a segunda proba do exercicio, o que supón a imposibilidade de acadar a nota mínima exixida segundo o previsto na base II.1.1.1 da convocatoria.
En consecuencia, o tribunal dá traslado desta circunstancia á Dirección Xeral de Función Pública para que, se procede, declare terminado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado por Resolución do 25 de xaneiro de 2024.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2025
Juan José Rodríguez Díaz
Presidente do tribunal
