DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 22 de decembro de 2025 Páx. 65559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 2 de decembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica un requirimento de documentación efectuado no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-PR212A-2025/00113 e dous máis).

A persoa encargada do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia de Lugo efectuou requirimentos de documentación relativos aos procedementos de inscrición que se relacionan no anexo a este anuncio e cuxo contido se recolle de forma resumida.

O dito requirimento non se lles puido notificar persoalmente ás persoas interesadas. Polo tanto, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, polo que se efectúa esta notificación mediante a publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado, así como no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do acto deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede do Departamento Territorial de Lugo, na rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer. De non cumprir co requirimento, consideraranse desistidos da súa solicitude, polo que se ditará resolución de arquivamento desta, sen prexuízo de que poidan volver presentar máis adiante unha nova petición de inscrición.

Lugo, 2 de decembro de 2025

Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIE

Acto notificado

LU-PR212A-2025/00113

34246141S

Requirimento de documentación. Véxanse os artigos 5, 9 e 11 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

LU-PR212A-2025/00504

45849594Z

Requirimento de documentación. Véxanse os artigos 5, 9 e 11 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

LU-PR212A-2025/00595

76612339Y

Requirimento de documentación. Véxanse os artigos 5, 9 e 11 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.