DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 22 de decembro de 2025 Páx. 65561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 4 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo ao Plan estruturante de ordenación de solo empresarial do parque empresarial de Cabana de Bergantiños (expediente 2025AAE3008).

De acordo co artigo 55 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 3 de decembro de 2025 sobre o Plan estruturante de ordenación de solo empresarial do parque empresarial de Cabana de Bergantiños.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://medioambiente.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2025AAE3008).

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade