DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 22 de decembro de 2025 Páx. 65614

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

ANUNCIO de cambio de uso de equipamento deportivo municipal.

O Pleno municipal, en sesión ordinaria do 27 de novembro de 2025, de acordo co disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), acordou cambiar o uso do equipamento municipal campo de fútbol do Cabezo en Mougás, hoxe en desuso, cun único uso previsto nas normas subsidiarias municipais de 1996, uso deportivo, engadindo ao equipamento un novo uso, servizos públicos, de acordo coas normas subsidiarias para facer posible a construción futura dun punto limpo.

Faise público este acordo conforme o previsto no artigo 82.2 da LSG.

Oia, 27 de novembro de 2025

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa