No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 215 do luns, 10 de novembro de 2025, e corrección de erros no BOP número 240 do martes, 16 de decembro de 2025, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público para o ano 2025.
A concelleira de Servizos non Territorializados convocou, mediante Resolución do 10 de outubro de 2025, o proceso selectivo para a cobertura de varias prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público do ano 2025, que a seguir se sinala:
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala da Administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 7. Denominación: administrativo/a. Das sete prazas convocadas, catro cubriranse polo procedemento de promoción interna e tres mediante quenda libre. Das tres prazas convocadas mediante quenda libre, resérvanse dúas delas para persoas que acrediten calquera tipo de discapacidade (discapacidade xeral).
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala da Administración xeral, subescala auxiliar. Número de vacantes: 1. Denominación: suxiliar, mediante o procedemento de promoción interna.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: Agrupación profesional. Clasificación: escala da Administración xeral, subescala subalterna. Número de vacantes: 3. Denominación: subalterno/a, mediante quenda libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios. Número de vacantes: 1. Denominación: traballador/a social, mediante quenda libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase servizo extinción incendios. Número de vacantes: 1. Denominación: sarxento/a, mediante o procedemento de promoción interna.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial canteiro/a, mediante quenda libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. C. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: sepultureiro/a, mediante quenda libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial electricista, mediante o procedemento de promoción interna.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: agrupación profesional. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: operario/a, mediante quenda libre.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, publicándose os sucesivos anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación nos termos establecidos nas bases.
Pontevedra, 16 de decembro de 2025
O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local, do 21.11.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira de Servizos non Territorizalizados
