O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de outubro de 2025, adoptou o seguinte acordo:
– Ao abeiro do previsto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, atribuír á reserva de equipamento sociocultural R.7 do Plan parcial do SUP-4 (Conxo) a cualificación xenérica de dotacional múltiple (DM), que admite calquera dos usos dotacionais de titularidade pública relacionados no artigo 136.2 do Plan xeral de ordenación municipal.
O acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia. Así mesmo, remitirase á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para os efectos de inscribir a ampliación de usos no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.
En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acordo queda condicionada ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co artigo 65.4 da mesma lei.
Consonte o disposto no artigo 212.3 do RLSG, o prazo do artigo 65.4, antes citado, non comezará a contar ata a recepción completa da documentación no rexistro da Consellería.
Contra este acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2025
A alcaldesa
(P.D. DEC/2023/8135, do 17 de xuño de 2023)
Iago Lestegás Tizón
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica
