DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 22 de decembro de 2025 Páx. 65619

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trazo

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial (PEID Augas Santas).

Aprobado definitivamente polo Pleno do Concello de Trazo, na sesión do 18 de setembro de 2025, o expediente do Plan especial tramitado baixo o número 2023/U038/000001 (promotora: Residencia Augas Santas, S.L.), publícase este acordo para os efectos previstos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 199 e 208 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

En virtude do Acordo Plenario:

Primeiro. Non se presentaron alegacións durante o período de información pública.

Segundo. Apróbase definitivamente o Plan especial e incorporánse as modificacións derivadas dos informes emitidos durante a tramitación.

Terceiro. Ordénase a publicación da aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, conforme o artigo 82 da Lei 2/2016, no prazo máximo dun mes desde a adopción do acordo.

Xunto con esta publicación farase constar a información relativa ás medidas de seguimento dos efectos ambientais do plan, así como a referencia ao enderezo electrónico onde estará dispoñible o seu contido íntegro.

Cuarto. Comunicarase a aprobación definitiva á consellería competente en materia de urbanismo para a inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, achegando un exemplar en formato dixital debidamente dilixenciado.

Quinto. Procederase á notificación individual ás persoas titulares catastrais dos terreos afectados, segundo o artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016.

O contido íntegro do expediente estará igualmente dispoñible na sede electrónica municipal.

Contra este acordo, que constitúe unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación, de acordo co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente.

Trazo, 26 de novembro de 2025

Josefina Suárez López
Alcaldesa