DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 22 de decembro de 2025 Páx. 65621

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilariño de Conso

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2025.

Mediante Decreto de Alcaldía do 15 de decembro de 2025, aprobouse a oferta de emprego público para o ano 2025 seguinte:

Persoal funcionario:

Denominación: administrativo/a.

Grupo: C1.

Escala: Administración xeral.

Subescala: administrativo.

Número de prazas: 1.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

Quenda: libre.

Denominación: oficial de administración de asuntos económicos.

Grupo: C1.

Escala: Administración xeral.

Subescala: administrativo.

Número de prazas: 1.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

Quenda: promoción interna.

Persoal laboral:

Denominación: técnico/a auxiliar PAI (Punto de Atención á Infancia).

Grupo: III.

Número de prazas: 1.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

Quenda: promoción interna.

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70 da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, pola súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produciu a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se poida considerar máis conveniente no seu dereito.

Vilariño de Conso, 16 de decembro de 2025

Melisa Macía Domínguez
Alcaldesa