DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 2025 Páx. 65943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de decembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nas dilixencias por incumprimento en materia de incendios forestais 25/105/15035/34 e dez máis.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Prevención de Incendios Forestais.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Prevención de Incendios Forestais do Departamento Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 6º andar, ala norte, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 3 de decembro de 2025

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Dilixencias

Persoa denunciada

Datos da parcela

Acto de notificación

Concello

Polígono

Parcela

25/105/15035/34

32567567G

Fene

23

252

Requirimento

25/105/15052/08

76294365F

Muxía

60

791

Requirimento

25/105/15072/13

33075505X

Rianxo

70

98

Requirimento

25/105/15034/02

32609539R

Dumbría

17

88

Requirimento

25/105/15009/23

32132147C

Betanzos

11

353

Requirimento

25/105/15009/24

32133563X

Betanzos

11

350

Requirimento

25/105/15009/25

79318539A

Betanzos

11

372

Requirimento

25/105/15009/34

32166164C

Betanzos

11

356

Requirimento

25/105/15023/01

32314494T

Cee

19

20

Requirimento

25/105/15052/06

76294365F

Muxía

60

719

Requirimento

25/105/15017/11

32404721K

Cambre

2647438NH5924N0001JS

Requirimento