DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 2025 Páx. 65945

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de decembro de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente DH.A15.13287 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o domicilio das persoas interesadas ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, por ter expirado o prazo concesional, ditados no expediente DH.A15.13287 e dous máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro dos actos que se notifican e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situdas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentaren as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Data do acordo

DH.A15.13287

Juan Carlos Varela Heredia

12.11.2025

DH.A27.2815

Carlos García Rojo

12.11.2025

DH.A36.4879

Comunidade de Usuarios de Tío Mendo

12.11.2025