De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, LPAC), ao ser descoñecido o domicilio das persoas interesadas ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente E-1148-P e dez máis.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro dos actos que se notifican e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentaren as alegacións que consideren pertinentes.
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2025
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
Data do acordo |
|
E-1148-P |
Cuarta Jefatura de Estudios y Construcciones de Ferrocarriles |
5.12.2025 |
|
E-145-C |
Manuela Rigueiro |
5.12.2025 |
|
E-332-L |
Francisco Teijeiro |
5.12.2025 |
|
E-53-58-C |
Herminio Pais Puga, Eugenio Pais Puga, Secundino Pais Puga, Dolores Puga Varela, Ramón Vieito Vilacoba, Manuel Vieito Vieito, Consuelo Pensado Antelo, José Vieito Vieito, Ricardo Silva Fernández, Dolores Fernández Vieito, Dolores Landeira Dopazo, Manuel González Quintáns, Constantino Vieito Vieito, Dolores Vieito Vieito, José Ardión Casal, Benigno Baldomero Ardión Casal, Herminio Vieito Ardión, Bruno Vigo Camiño, Manuel Pais Puga, María Quintáns Vieito, Baldomero Paramos Vilacoba |
5.12.2025 |
|
E-66-7666-C |
José Meijido Rodríguez, Andrés Rodríguez Quintiana, José Lago Rodríguez, Salvador Lago Rodríguez, Dolores Lago Rodríguez, Teresa García Lago |
5.12.2025 |
|
E-158B-C |
Herminia Mechoso Aneiros |
5.12.2025 |
|
E-99-C |
Jacinto López Pérez |
5.12.2025 |
|
E-115-C |
Juan Martínez Díaz |
5.12.2025 |
|
E-163-C |
Andrés Rodríguez |
5.12.2025 |
|
E-177-C |
Áurea Campos |
5.12.2025 |
|
E-179-C |
Juan Teijeiro Ubín |
5.12.2025 |
