Na sesión que tivo lugar o 1 de decembro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 3 de abril de 2025 (DOG núm. 69, do 9 de abril), modificada pola Resolución do 29 de xullo de 2025 (DOG núm. 149, do 6 de agosto), da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía,
ACORDOU:
Primeiro. Desestimar, logo da correspondente revisión, as alegacións ás puntuacións do segundo exercicio, recibidas no prazo estipulado na base II.1.2.8 da convocatoria.
Segundo. Declarar exentas de realizar o terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio, por ter acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, ao abeiro do previsto na base II.1.1.3 da convocatoria do proceso selectivo.
Terceiro. Facer pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
A relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo publicarase tamén no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
De conformidade co disposto na base IV.2. da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Cuarto. Elevar a devandita relación de persoas aspirantes á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarias de carreira.
De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2025
José Antonio Fernández Bouzas
Presidente do tribunal
ANEXO
Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo
|
Nº de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Puntuación |
|
1 |
***1800** |
Rama Torres, Pablo |
Libre |
86,74 |
|
2 |
***7717** |
Fariña Mouzo, Juan |
Libre |
85,16 |
|
3 |
***4111** |
Portela Gaute, Susana |
Libre |
84,54 |
|
4 |
***7984** |
Dorado García, Uxía |
Libre |
84,13 |
|
5 |
***1634** |
Lagares Calvo, Lorena |
Libre |
82,76 |
|
6 |
***1167** |
Novoa Abelleira, Alberto |
Libre |
82,36 |
|
7 |
***9606** |
Barros Domínguez, Alex |
Libre |
82,05 |
|
8 |
***8206** |
Vázquez Rodríguez, David |
Libre |
80,09 |
|
9 |
***3053** |
Martínez Boo, Pablo |
Libre |
79,61 |
|
10 |
***0691** |
Maroño Mato, Andrea |
Libre |
79,25 |
|
11 |
***3538** |
Rodríguez Puente, Xián |
Libre |
78,89 |
|
12 |
***3563** |
Echevarría García, Ildefonso David |
Libre |
77,59 |
|
13 |
***6302** |
Pérez Mantecón, Ignacio |
Libre |
77,49 |
|
14 |
***2230** |
Rogel Mesías, Inés |
Libre |
77,03 |
