De conformidade co disposto no artigo 24.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:
|
Instalación: explotación avícola de galiñas poñedoras, con planta de clasificado e envasado de ovos, e planta de ovo produto |
Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada |
|
Titular: Granja Campomayor, S.L. |
Núm. rexistro AAI: 2010-IPPC-1021-254 |
|
Localización: lugar Ximonde, concello de Palas de Rei (Lugo) |
Expediente: 2025-IPPC-M-50 |
|
Instalación: explotación avícola de polos de ceba |
Procedemento: modificación do plan de vixilancia ambiental da autorización ambiental integrada |
|
Titular: Cooperativa Agroganadera de A Piúca, S.C.G. |
Núm. rexistro AAI: 2007/0084_NAA/IPPC_159 |
|
Localización: concello de Maceda (Ourense) |
|
Instalación: fábrica de formaldehído, colas e resinas, xestión de residuos perigosos e produción de metanol verde |
Procedemento: modificación da autorización ambiental integrada |
|
Titular: Forestal del Atlántico, S.A. |
Núm. registro AAI: 2006/0349_NAA/IPPC_168 |
|
Localización: concello de Mugardos (A Coruña) |
|
Instalación: planta de fabricación de taboleiro aglomerado |
Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada |
|
Titular: Tableros Hispanos, S.L.U. |
Núm. rexistro AAI: 2015-IPPC-54_308 |
|
Localización: concello de Lugo (Lugo) |
Expediente: 2023-IPPC-M-29 |
|
Instalación: planta de produción de compoñentes para a elaboración de medicamentos |
Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada |
|
Titular: Lonza Biologics Porriño, S.L. |
Núm. rexistro AAI: 2005/0182_NAA/IPPC_017 |
|
Localización: concello do Porriño (Pontevedra) |
Expediente: 2025-IPPC-M-78 |
Estas resolucións poderán consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
