DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 2025 Páx. 65689

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

ORDE do 19 de decembro de 2025 pola que se fai público o incremento do crédito previsto na Orde do 4 de xullo de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (código de procedemento CT200A).

Con data do 11 de xullo de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 132, a Orde do 4 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (código de procedemento CT200A).

O financiamento da convocatoria atópase distribuído nas correspondentes aplicacións orzamentarias, de acordo co seguinte detalle:

Liñas de actuación

Aplicación

Importe

Liña I: actuacións destinadas á xuventude

13.05.313A.481.0

665.960 €

Liña II: actuacións destinadas ao voluntariado

13.05.312F.481.0

634.578 €

Liña III: proxectos de investimento por parte das entidades xuvenís

13.05.313A.781.0

200.000 €

Liña IV: proxectos de investimento por parte das entidades de acción voluntaria

13.05.312F.781.0

200.000 €

Total

1.700.538 €

No seu artigo 2.2, segundo o disposto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, está prevista a ampliación excepcional dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Debido a que existe crédito dispoñible nas aplicacións orzamentarias con cargo ás cales se financia a convocatoria e se cumpren os requisitos establecidos nos citados artigos, considérase oportuno incrementalo co obxecto de repartir entre as entidades de iniciativa social que concorran á convocatoria de axudas a totalidade dos fondos recadados para este fin.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo único. Incremento dos créditos

Increméntase o crédito destinado ao financiamento das axudas previstas na Orde do 4 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (código de procedemento CT200A).

O importe total do citado incremento é de noventa e dous mil catrocentos noventa e oito euros e dous céntimos (92.498,02 €), consignado nas aplicacións orzamentarias seguintes en función das liñas de actuación subvencionables relacionadas no artigo 5 da Orde do 4 de xullo de 2025:

Liñas de actuación

Aplicación

Importe

Liña I: actuacións destinadas á xuventude

13.05.313A.481.0

46.249,01 €

Liña II: actuacións destinadas ao voluntariado

13.05.312F.481.0

46.249,01 €

Liña III: proxectos de investimento por parte das entidades xuvenís

13.05.313A.781.0

0,00 €

Liña IV: proxectos de investimento por parte das entidades de acción voluntaria

13.05.312F.781.0

0,00 €

Total

92.498,02 €

A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P.D. (Orde do 28.6.2024)
Elvira María Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude