DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 2025 Páx. 65969

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria para a contratación laboral fixa de dous postos de oficial/a administrativo/a con destino na Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 238, do 12 de decembro de 2025, publicáronse as bases da convocatoria para a contratación laboral fixa de dous postos de oficial/a administrativo/a, con destino na Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra, incluídos na oferta de emprego público do ano 2025, polo sistema de concurso-oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.

Pontevedra, 16 de decembro de 2025

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Delegación efectuada por R.P. nº 2025008021, do 3.10.2025)
Jesús Vázquez Almuiña
Deputado delegado de Asistencia aos Concellos,
Transparencia e Administración Xeral