DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 2025 Páx. 65968

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria para a contratación laboral fixa de catro postos de profesor/a de enfermaría con destino na Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 238, do 12 de decembro de 2025, publicáronse as bases da convocatoria para a contratación laboral fixa de catro postos de profesor/a de enfermaría, con destino na Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra, incluídos na oferta de emprego público do ano 2025, polo sistema de concurso-oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio mo Boletín Ofical del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.

Pontevedra, 16 de decembro de 2025

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Delegación efectuada por R.P. nº 2025008021, do 3.10.2025)
Jesús Vázquez Almuiña
Deputado delegado de Asistencia aos Concellos,
Transparencia e Administración Xeral