DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 2025 Páx. 65966

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas.

Ao non ser posible a práctica da notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro das citadas notificacións, así como da totalidade do expediente administrativo, se atopa á disposición das persoas interesadas para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo de Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Asemade, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade a través de https://viveiro.sedeelectronica.es

Acto que se notifica

Referencia catastral

Localización

Persoa interesada/NIF

Xestión de biomasa vexetal. Exp.: 7545/2025

Prazo: 15 días naturais

27067A026012710000XR 3979504PJ1337N0002HD

Paraíso-Viveiro

76544018H

27067A026012790000XU

79322428M

Xestión de biomasa vexetal. Exp.: 7342/2025

Prazo: 15 días naturais

27067A042002640000XZ

Chavín-Viveiro

Titular descoñecido

Xestión de biomasa vexetal. Exp.: 7637/2025

Prazo: 15 días naturais

27067A003008150000XQ

Faro-Viveiro

Dolores Rey Martínez

Xestión de biomasa vexetal. Exp.: 8029/2025

Prazo: 15 días naturais

27067A059033380000XT

Galdo-Viveiro

Titular descoñecido

Xestión de biomasa vexetal. Exp.: 7698/2025

Prazo: 15 días naturais

2661933PJ1326S0002PM

Covas-Viveiro

33587666F

Viveiro, 1 de decembro de 2025

María Carmen Gueimunde González
Alcaldesa