DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 2025 Páx. 65965

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO da aprobación da ampliación da oferta de emprego público 2025.

Con data do 15 de decembro de 2025, polo Decreto da Alcaldía 2025-4555, apróbase a ampliación da oferta de emprego pública ordinaria para o ano 2025 que consta das seguintes prazas:

OPE ordinaria 2025: prazas de persoal laboral

Nº de prazas

Grupo

Categoría/posto

Quenda

01

2.3

Oficial 1º oficios

Promoción interna

01

2.3

Oficial 1º oficios

Libre

04

4

Peón

Libre

05

3.1

Persoal emerxencias condutor

Libre

* No caso de que a praza de oficial 1ª oficios non se cubra pola quenda de promoción interna acumularase á quenda libre

OPE ordinaria 2025: prazas de persoal funcionario

Nª prazas

Denominación

Grupo

Escala

Subescala

Quenda

01

Auxiliar administrativo/a

C2

Administración xeral

Auxiliar

Libre

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente o recurso potestativo de reposición, ante o órgano que o ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que xulgue máis conveniente ao seu dereito.

Ponteareas, 16 de decembro de 2025

Mª Nava Castro Domínguez
Alcaldesa