DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 2025 Páx. 65952

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira dunha praza de policía local pola quenda de mobilidade.

Mediante a Resolución da Alcaldía 1423/2025, do 17 de novembro, nomeouse a Víctor Hugo Castro Pérez, con DNI ***9802**, funcionario de carreira do Concello de Fene, dunha praza de policía local, pertencente ao grupo C, subgrupo C1, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, incluída na OEP 2025.

Este anuncio publicouse no BOP da Coruña núm. 225, do 24.11.2025.

O que se fai público para os efectos dos artigos 62 do TREBEP e 60 da LEPG.

Fene, 24 de novembro de 2025

Alejandra Permuy Meizoso
Alcaldesa