De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que con data do 5 de decembro de 2025, mediante a Resolución da Alcaldía número 3562/2025, foi aprobado inicialmente o proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta) para a obtención dos bens e dereitos afectados pola obra denominada Senda avenida do Embalse e avenida da Prensa.
Así mesmo, consonte a devandita resolución procede someter a información pública por período dun mes o referido proxecto de expropiación, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, e nun xornal de maior circulación da provincia, así como á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.
A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:
|
Parcela catastral |
Titular |
Superficie afectada (m2) |
|
15005A001000070000PO |
Manuel Insua García |
119 m2 |
|
15005A001000060000PM |
Sara Veira Varela |
90 m2 |
Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examinar os seus contidos na sede electrónica do Concello de Arteixo e, presencialmente, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo, nº 249, 3º andar, de luns a venres ,das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.
Ante a eventualidade de que poidan existir persoas interesadas descoñecidas neste procedemento, se ignore o lugar da notificación, ou ben intentada esta non se puido efectuar, sirva a presente de notificación co alcance e coa finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administración públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.
Arteixo, 9 de decembro de 2025
O alcalde
P.D. (Decreto 1243/2025, do 8 de maio)
José Antonio Calvelo Añón
Concelleiro delegado de Medio Urbano e Medio Rural
