En virtude do establecido nos artigos 9 e 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade ao seguinte encargo:
– Resolución do 7 de decembro de 2025, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se encarga á Fábrica Nacional de Moeda y Timbre-Real Casa da Moeda, entidade pública empresarial, medio propio (FNMT-RCM, EPE, MP) a fabricación e entrega de tarxetas de tacógrafo dixital e tarxetas de cualificación de condutores.
– Actividade: elaboración, fabricación e entrega de tarxetas de tacógrafo dixital e tarxetas de cualificación de condutores.
– Natureza e alcance do encargo:
Trátase dun encargo a un medio propio de acordo cos artigos 32 da Lei 9/2017, do 8 de novembro; 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.
A Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda, entidade pública empresarial, medio propio (FNMT-RCM, EPE, MP) é unha entidade pública empresarial das previstas no artigo 89 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, que de acordo co artigo 1.3 dos seus estatutos «será medio propio personificado da Administración xeral do Estado, das comunidades e cidades autónomas e das entidades locais, así como dos organismos, entes, e entidades do sector público estatal, autonómico e local, nos termos previstos no artigo 5.1 deste estatuto».
A Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda, entidade pública empresarial, medio propio (FNMT-RCM, EPE, MP) encargarase da elaboración, fabricación e entrega das tarxetas de tacógrafo dixital e tarxetas de cualificación de condutores, segundo as características técnicas e requisitos de seguridade que figuran no anexo I «Prescricións técnicas» da resolución de encargo.
– Financiamento: o orzamento de execución ascende a un millón cento cincuenta e sete mil catrocentos oitenta e un euros con sesenta céntimos (1.157.481,60 €) que se financiará con cargo á aplicación orzamentaria 05.08.512A.221.23 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma en que existe crédito axeitado e suficiente (tramitación anticipada de gasto), segundo a seguinte distribución por anualidades:
• 2026: 289.370,40 €.
• 2027: 289.370,40 €.
• 2028: 289.370,40 €.
• 2029: 289.370,40 €.
– Prazo de vixencia: comezará o día 1.1.2026 e estenderase ata o 31.12.2029 e poderá prorrogarse por un período dun ano natural mediante a formalización da correspondente addenda que determinará as necesidades concretas para o exercicio correspondente.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2025
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería
de Presidencia, Xustiza e Deportes
