En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:
Solicitante/Promotora: EDP Renovables España, S.L.U. (NIF: B-91115196).
Domicilio social: parque emp. Adequa. Avda. de Burgos 89, edificio 1, módulo A-B. Madrid.
Enderezo para os efectos de notificación: rúa Amio, 114, parque emp. Costa Vella. 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).
Denominación do proxecto: parque eólico Carboal.
Núm. expediente: IN408A 2024/002.
Concellos afectados: Dumbría (A Coruña).
Potencia a instalar: 19,8 MW (4 aeroxeradores de 4,95 MW).
Potencia autorizada/evacuable: 19,8 MW.
Produción neta anual: 70.483,2 Mwh/ano.
Prazo de execución: oito (8) meses.
Orzamento de execución material: 18.593.003,28 €.
Localización (área de afección):
Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:
|
Vértice poligonal |
Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89 |
|
|
X |
Y |
|
|
1 |
487.586,464 |
4.761.235,484 |
|
2 |
487.644,259 |
4.760.397,000 |
|
3 |
488.046,000 |
4.760.425,000 |
|
4 |
488.622,724 |
4.759.365,313 |
|
5 |
490.050,862 |
4.759.396,678 |
|
6 |
492.975,635 |
4.760.401,023 |
|
7 |
494.545,923 |
4.759.170,079 |
|
8 |
494.338,857 |
4.756.335,462 |
|
9 |
493.116,497 |
4.756.319,101 |
|
10 |
492.592,305 |
4.757.293,385 |
|
11 |
493.399,317 |
4.758.037,792 |
|
12 |
493.225,241 |
4.758.539,967 |
|
13 |
492.332,618 |
4.759.141,817 |
|
14 |
492.281,902 |
4.758.572,436 |
|
15 |
490.327,576 |
4.757.332,595 |
|
16 |
487.685,721 |
4.757.155,904 |
|
17 |
486.540,304 |
4.757.686,546 |
|
18 |
487.453,404 |
4.759.350,384 |
|
19 |
487.253,839 |
4.761.235,483 |
Coordenadas dos aeroxeradores:
|
Aeroxerador |
Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89 |
|
|
X |
Y |
|
|
CB-01 |
493.294,00 |
4.757.109,00 |
|
CB-02 |
493.606,00 |
4.756.736,00 |
|
CB-03 |
488.872,00 |
4.758.063,00 |
|
CB-04 |
488.140,00 |
4.757.976,00 |
Coordenadas da torre meteorolóxica:
|
Torre meteorolóxica |
Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89 |
|
|
X |
Y |
|
|
TM-AC |
493.270,00 |
4.756.534,00 |
Coordenadas da subestación:
|
Vértices subestación |
Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89 |
|
|
X |
Y |
|
|
A |
491.595,83 |
4.758.832,53 |
|
B |
491.635,18 |
4.758.790,53 |
|
C |
491.633,20 |
4.758.783,59 |
|
D |
491.591,00 |
4.758.742,07 |
|
E |
491.548,12 |
4.758.787,84 |
Características técnicas da instalación:
• Catro (4) aeroxeradores tripá, modelo Vestas V162-5,6MW, limitado a 4,95 MW de potencia nominal unitaria, con velocidade e paso variable, altura de buxa de 119 metros e diámetro de rotor de 162 metros.
• Catro (4) centros de transformación montados na base de cada aeroxerador, de potencia unitaria de 5.600 kVA e relación de transformación de 0,69/30 kV, coas súas correspondentes celas metálicas de seccionamento, manobra e protección.
• Unha torre meteorolóxica de medición de 119 metros.
• Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación ST Paxareiras II (30/66 kV), composta por dous circuítos con condutores tipo XLPE AI 18/30 kV, de diferentes seccións: un circuíto para conectar os aeroxeradores CB-01 e CB-02 e outro para os aeroxeradores CB-03 e CB-04.
• Rede de terras xeral con condutor de cobre nu soterrado de sección mínima de 50 mm2, de modo que os aeroxeradores e a subestación onde tamén se localiza o centro de control do parque eólico forman un conxunto equipotencial.
• Ampliación da subestación Paxareiras II, propiedade de AV Paxareiras, S.L.U., na cal se engadirá un transformador en intemperie, trifásico, en baño de aceite, de potencia 15/20 MVA ONAN/ONAF, relación de transformación 30/66 kV para elevar a tensión do parque eólico. A distribución da ampliación da subestación proxéctase do seguinte modo:
– Sistema de 66 kV en intemperie dotado dunha posición de liña para o mencionado transformador, xunto coa súa aparellaxe asociada de seccionamento, manobra, medida e protección.
– Sistema de 30 kV en intemperie equipado cunha reactancia de posta á terra, transformador de servizos auxiliares de 100 kVA e pararraios.
– Sistema interior de 30 kV coa seguinte configuración: 2 posicións de liña para a conexión dos aeroxeradores, 1 posición para o transformador de potencia, 1 posición de reserva, 1 posición para o transformador de servizos auxiliares, 1 posición de medida e 1 posición para a batería de condensadores.
– Un edificio prefabricado que albergará o centro de control, a área de comunicacións, as celas de media tensión e o grupo electróxeno
• Finalmente, a enerxía xerada evacuarase a través dunha liña aero-soterrada de 66 kV ata a SET colectora A Lagoa 66/220 kV. Nesta instalación elevarase a tensión para, a través dunha liña de 220 kV, alcanzar o punto de conexión á rede na SET Regoelle 220kV. Estas instalacións de evacuación conxunta non pertencen ao alcance deste proxecto.
Obxecto da información pública:
O proxecto de execución e o estudo de impacto ambiental (EIA) correspondente ao parque eólico Carboal, localizado no concello de Dumbría, de acordo co establecido na normativa vixente de aplicación.
Documentación que se expón:
1. O proxecto Parque éolico Carboal 19.8MW: modificado substancial do proxecto de execución (asinado o 27.11.2025).
2. O estudo de impacto ambiental (EIA) Modificado substancial do estudo de impacto ambiental relativo ao parque eólico Carboal (asinado o 24.11.2025).
Polo exposto, faise público para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co artigo 33.10 da citada Lei 8/2009, do 22 de decembro.
A documentación estará á disposición para a súa consulta nas dependencias do Servizo de Enerxías Renovables e Infraestruturas do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 82 e 981 18 49 83), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como na casa do concello de Dumbría (A Coruña). Así mesmo, tamén se poderá consultar no portal web desta consellería a través da seguinte ligazón:
https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica
A Coruña, 16 de decembro de 2025
Mª Pilar Arias Graña
Directora territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
