DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 2025 Páx. 66039

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 5 de decembro de 2025, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente PO-01121-O-2025).

Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución ditada pola directora xeral de Mobilidade no expediente sancionador PO-01121-O-2025, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

Comunicáselle que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A sanción imposta foi aboada anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2025

Eva Lorenzo Queiro
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

Persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-01121-O-2025

M-5932-YT

76864218N

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %

4.4.2025; 12.06; EP-0506 2,5

Artigo 140.23 LOTT

Artigo 197.26 ROTT

Artigo 143.1.c) LOTT

Artigo 201.h) ROTT

Artigo 143.1 LOTT

2.001 euros