DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 2025 Páx. 66057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 9 de decembro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifican varios actos administrativos en materia de enerxía ditados en procedementos da competencia deste departamento.

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázase para proceder á notificación dos actos administrativos ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou ás persoas representantes debidamente acreditadas.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas deste Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 9 de decembro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial Pontevedra

ANEXO

Persoa interesada

Acto notificado

Azucena Guzmán Cardesín

José Máximo López Vilaboa

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2021/055-4 relacionado coa solicitude de desistencia da autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Reforzo LMTA, LMTS na LMT LAL805, no concello de Forcarei.

Descoñecido (parcela referencia catastral 36029A057002170000IT)

Descoñecido (parcela referencia catastral 36029A057005590000IA)

Descoñecido (parcela referencia catastral 36029A057001690000IS)

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2024/240-4 relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Substitución de apoios nas LMTA CII808 e LMTA CII809, no concello de Moaña.

Víctor Cazapal González

Hrdos. Tomás Riveiro Alén

Hrdos. María Domínguez Alén

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2024/277-4 relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Regulamentación LMTA FRI802 entre os apoios ALN1NN3H e ALKM4ETJ, no concello da Cañiza.

José Vicente Gil Álvarez

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2025/045-4 relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Soterramento e substitución na LMTA SAL803 entre os apoios AE7GBX7D//4-5 e AEEV9JWR, no concello das Neves.

Descoñecido (parcela referencia catastral 36036A035003450000QO)

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2025/088-4 relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Substitución de apoios na LMTA ROS803, no concello Oia.

Descoñecido (parcela referencia catastral 36026A002003630000LP)

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2025/092-4 relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Soterramento LMT LOZ807B, CT Chan do Monte, CT Mogor e reforma CT Outeiro (36CVM0), no concello de Marín.

Rafael Baulde Porto

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2025/114-4 relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Substitución do apoio 9UM5TLHE//38-1 na LMTA CBD803, no concello de Vilanova de Arousa.

Hrdos. Horacio Souto Freijeiro

Trámite de audiencia no expediente IN407A 2025/120-4 relacionado coa solicitude de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica Substitución do apoio A3HHGSE3//49 da LMTA LOZ803A, no concello de Pontevedra.