En cumprimento do disposto no artigo 23 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minería de Galicia, no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométense a información pública a ampliación e actualización do proxecto de explotación, do plan de restauración e o estudo de impacto ambiental da concesión de explotación derivada da sección C) denominada Mondoñedo núm. 5530.2, situada no termo municipal da Pastoriza, na provincia de Lugo. A documentación que se cita foi presentada por Pizarras Universal, S.L., como titular da explotación.
O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental, atópanse dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo, e no portal web da dita Consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras. As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 17 de decembro de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
