No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 195, do 26 de agosto de 2025, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para a cobertura, como persoal laboral fixo, dunha praza de encargado/a de obras, grupo C2, mediante o sistema de concurso-oposición pola quenda libre incluída na oferta de emprego público do Concello de Cervo do ano 2023.
De conformidade co disposto nas citadas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios realizaranse conforme o estipulado nas bases do proceso selectivo.
Cervo, 26 de agosto de 2025
Dolores García Caramés
Alcaldesa
