DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 2025 Páx. 66093

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Friol

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial do estudo de detalle.

Aprobado inicialmente mediante o Acordo adoptado pola Xunta de Goberno, na sesión que tivo lugar o día 1 de decembro de 2025, o estudo de detalle por solicitude de Desarrallo Inmobiliario Friol, S.L., sobre as aliñacións ao fronte do vial, así como a servidume de paso existente no adosamento sur, en relación co proxecto de edificio de vivenda na praza Ponte Friol, no cal é de aplicación a ordenanza VN-CF da modificación puntual das normas subsidiarias publicadas no Boletín Oficial da provincia do 17 de abril de 1996.

De conformidade co disposto no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de novembro, así como no artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia, someterase ao trámite de información pública polo prazo dun mes mediante anuncio que publicará no Diario Oficial de Galicia e no diario El Progreso. Durante o dito prazo, o expediente poderá examinarse nas dependencias municipais en horario de oficina, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren pertinentes. Á vista do resultado da información pública, aprobarase definitivamente coas modificacións que, se é o caso, resulten pertinentes.

Friol, 1 de decembro de 2025

José Ángel Santos Sánchez
Alcalde presidente