Mediante Resolución de Alcaldía do 18 de decembro de 2025 e de conformidade co artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, faise público que, de acordo co artigo citado e co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a oferta de emprego público do Concello de Baralla para o ano 2025:
|
Núm. vacantes |
Denominación |
Tipo de persoal |
Forma de selección |
|
1 |
Alguacil-porteiro (Grupo E, CD 14) |
Funcionario |
Concurso-oposición |
O presente acto pon fin á vía administrativa e poderá ser impugnado potestativamente en reposición ante o alcalde no prazo dun mes contado desde a data da presente publicación, ou ben directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses contados desde a data da presente publicación.
Baralla, 18 de decembro de 2025
Manuel González Piñeiro
Alcalde presidente
