Mediante a Resolución da Alcaldía deste concello do 16 de decembro de 2025, aprobouse a oferta de emprego público correspondente á praza que a continuación se sinala para o ano 2025:
Persoal laboral:
|
Categoría laboral |
Especialidade |
Nº de vacantes |
Denominación |
|
Grupo 10 |
Peón de abastecemento e saneamento |
1 |
Persoal laboral fixo |
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.
A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderase recorrer potestativamente mediante recurso de reposición ante o órgano que a ditou ou poderá ser impugnada directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa (recurso contencioso-administrativo). No caso de que se interpoña recurso de reposición, o prazo para interpoñelo será dun mes, contado desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución, de acordo co establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro). Non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. O prazo para resolver é dun mes, e entenderase desestimatorio o silencio administrativo. Contra a resolución do recurso de reposición ou, de ser o caso, directamente, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado da Xurisdición Contencioso-Administrativa de Pontevedra no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á recepción da notificación da resolución expresa, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. De non notificarse resolución expresa do recurso de reposición, poderase interpoñer o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado da Xurisdición Contencioso-Administrativa de Pontevedra no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto de desestimación. Todo iso sen prexuízo de poder exercer calquera outro recurso ou acción que se considere procedente.
Arbo, 17 de decembro de 2025
Horacio Gil Expósito
Alcalde
