DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 2025 Páx. 66086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 21 de novembro de 2025, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario para a subministración eléctrica, no porto de Bodión (clave 12-54-25-C-1).

Está en trámite unha concesión administrativa a favor de UFD, Distribución Electricidad, S.A., pola ocupación de dominio público portuario para a subministración eléctrica, no porto de Bodión, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 4.7.2025 e da acta de confrontación levantada o 25.9.2025, con base no documento técnico legalización de instalacións propiedade de UFD, S.A., no porto de Bodión (Concello de Boiro), asinado o 2.9.2024 polo enxeñeiro técnico industrial-especialista electricidade, Victoriano González Lemos, colexiado co número 2.980.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas podan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 21 de novembro de 2025

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro