DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 2025 Páx. 66085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 9 de decembro de 2025, do Servizo de Consumo de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador 32S001-204-2025.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa do Servizo de Consumo de Ourense do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante o Servizo de Consumo de Ourense na avenida de Zamora, 13, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 9 de decembro de 2025

Cristina Estrella Vázquez Gil
Xefa do Servizo de Consumo de Ourense

ANEXO

Expediente: 32S001-204-2025.

Persoa interesada: Renovables Ourense, S.L.

CIF/NIF: B32502825.

Acto notificado: acordo de inicio de expediente sancionador en materia de consumo.