En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Mateo Medo Herbojo.
DNI: ***8894**.
Expediente: DH.A36.105869.
Volume total anual: 280 m³/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,009 l/s.
Destino: rega.
Orixe: manancial.
Lugar: Souto.
Parroquia: San Miguel de Barcala (San Miguel).
Concello: A Estrada.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación dun manancial situado na parcela de referencia catastral 36017A069001440000KX mediante unha mina subterránea lonxitudinal, da que parte unha condución de 32 mm de diámetro, que pasa por unha arqueta de paso situada a uns 10 m, e que discorre durante uns 548 m ata o depósito de acumulación de 2.000 litros na parcela de referencia 36017A069080500000KH, e logo durante uns 245 m ata a parcela de referencia catastral 36017G507006510000RH, onde se emprega para rega.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2025
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
